Centros de Educación Secundaria en Carballo
En Carballo existen 3 Institutos de Educación Secundaria onde se cursan os estudos da ESO, Bacharelato e Formación Profesional:
• IES Alfredo Brañas: Tlfno.: 981 70 09 11; enderezo-e: ies.alfredo.branas@edu.xunta.es
• IES Monte Neme: Tlfno.: 981 70 11 59;. enderezo-e: ies.parga.pondal@edu.xunta.es;
páx. web: http://www.edu.xunta.es/centros/iesisidropargapondal/
• IES Isidro Parga Pondal: Tlfno.: 981 75 68 08; enderezo-e: ies.monte.neme@edu.xunta.es

Formación Profesional en Carballo
A continuación móstranse os ciclos de Grao Medio e Grao Superior que se poden cursar nos IES de Carballo:
IES Alfredo Brañas:
• Comercio (Grao Medio)
IES Monte Neme:
• Xestión administrativa (Grao Medio)
• Instalacións eléctricas e automáticas (Grao Medio)
• Instalacións de telecomunicacións (Grao Medio)
• Mecanizado (Grao Medio)
• Administración e finanzas (Grao Superior)
• Desenvolvemento de produtos electrónicos (Grao Superior)
IES Isidro Parga Pondal:
• Administración de sistemas informáticos en rede (Grao superior)

Formación profesional na comarca
Ademais desta oferta de Ciclos en Carballo, temos outros moitos en Bergantiños e en comarcas limítrofes da Costa da Morte. Podes consultar toda a oferta existente na páxina web www.edu.xunta.es/fp.
EFAG Fonteboa (Coristanco):
• Produción agropecuaria (Grao Medio)
IES de Ponteceso:
• Xestión administrativa (Grao Medio)
• Electromecánica de vehículos (Grao Medio)
IES Agra de Raíces (Cee):
• Coidados auxiliares de enfermaría (Grao Medio)
IES Fernando Blanco (Cee):
• Xestión administrativa (Grao Medio)
• Electromecánica de vehículos (Grao Medio)
• Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas (Grao Medio)
• Instalacións eléctricas e automáticas (Grao Medio)
• Administración e finanzas (Grao Superior)
IES Terra de Xallas (Santa Comba)
• Instalacións eléctricas e automáticas (Grao Medio)
• Xestión administrativa (Grao Medio)
• Administración e finanzas (Grao Superior)
IES Maximino Romero de Lema (Baio, Zas)
• Sistemas microinformáticos e redes (Grao Medio)

Educación Universitaria
No Sistema Universitario Galego existen 3 universidades. Para consultar toda a súa oferta formativa cada unha delas ofrécennos unhas páxinas web moi completas en que, ademais, podes estar ao día en todo o referente á educación superior (oferta de bolsas, novas, ofertas de emprego, cursos de formación…):
Universidade da Coruña: www.udc.es
• Campus da Coruña: 981 16 70 00
• Campus de Ferrol: 981 33 74 00
• Información acceso e preinscrición: 981 16 71 96
Universidade de Santiago de Compostela: www.usc.es
• Campus de Santiago: 881 811 000
• Campus de Lugo: 982 820 000
Universidade de Vigo: www.uvigo.es
• Teléfono de contacto: 986 812 000 Enderezo-e: información@uvigo.es