Moitas veces a carta de presentación considérase un elemento de pouca importancia, pero é unha simple formalidade que debe cumplirse.
A carta de presentación ou “cover letter” é unha oportunidade de establecer unha canle de conversa co noso empleador.
O CV responde ás nosas habilidades e experiencia requeridas para o traballo, sen embargo, a carta de presentación responde a se somos compatibles cos estándares/valores da compañía e do equipo de traballo ou se temos a actitude que o noso empleador busca para ese perfil.
Evidentemente, a redacción da carta de presentación é bastante subxectiva, ó contrario do CV. Polo que unha carta en inglés é un desafío na búsqueda dun emprego no mercado internacional, por exemplo, mostrando a nosa destreza nun segundo idioma e no ámbito do marketing. Pois debemos recordar que nos estamos vendendo a nós: o mellor producto que esa empresa pode contratar.
Tipos de carta de presentación:
Carta de resposta a un anuncio concreto: Acompaña a un CV que se envía en resposta a unha oferta, a cal debe facer referencia.
Carta de autocandidatura: Acompaña a un CV cando buscamos ser incluidos en futuros procesos de selección. Evidentemente, debemos mostrar o noso interés en formar parte desa empresa.
Consellos para a presentación:
Usar unha fonte limpa e de fácil lectura.
Coidar as marxes. Non se deben ler máis de 12 cms de esquerda á dereita e o texto, xustificado.
Evitar párrafos longos. Se non é posible, intenta dividilo en dúas ou máis ideas.
Podemos usar negriña ou subliñado para ideas e conceptos importantes. Pero coidado coas maiúsculas, xa que podemos enviar unha mensaxe equivocada.
A extensión non debe superar unha páxina. Se é un correo electrónico, sobre 500 palabras.
Estrutura:
- Datos do emisor e datos do receptor. Se coñecemos o nome da persoa encargada do departamento de Recursos Humanos, debemos incluilo.
- Saudo.
- Introducción. Debemos indicar que coñecemos a empresa e no sector en que opera.
- Núcleo. Podemos explicar por qué somos os candidatos ideais para o traballo.
- Conclusión. Indicaremos a nosa disponibilidade e contacto, un exemplo: Se precisa algunha información adicional, non dubide en poñerse en contacto comigo no 612 345 678 ou por correo proxectando@proxectanto.eu
- Despedida.
- Firma e data.
Moita sorte!!

