Queres formarte no estranxeiro?
Aquí tes algunhas das bolsas das que te podes beneficiar:
Becas MEC
O Ministerio de Educación convoca axudas para a estancia e a realización de cursos de linguas no estranxeiro –inglés, francés e alemán– entre mozos de 16 a 30 amos que obtiveran a condición de bolseiro da Secretaría de Estado de Educación y Formación o ano anterior a súa petición. Estas axudas soen ter tres semanas de duración e un mínimo de unhas 15 horas lectivas semanais.
http://www.educacion.es/educacion/becas-y-ayudas.html
Becas AGRO
Agro global é un programa de mobilidade promovido polo Ministerio de Educación que ten como fin impulsar a formación complementaria dos titulados de todas as universidades españolas a través da realización de prácticas en empresas do estranxeiro. Estas bolsas para realizar prácticas formativas teñen unha duración de entre 3 e 12 meses e poden levarse a cabo en empresas de Europa, EE.UU, Canadá e en empresas con sede en Asia.
http://becasargo.es/portal/web/guest
Becas LEONARDO
Leonardo da Vinci é un programa creado pola Unión Europea (UE) para fomentar a mobilidade xuvenil daqueles mozos e mozas interesados en realizar prácticas en empresas europeas de países coma Bélxica, Hungría, Italia, Países Baixos, Alemania, Polonia, Portugal, Irlanda… etc. En concreto, o programa fai referencia a formación profesional que no sexa do nivel superior e o seus obxectivos específicos son a adquisición de coñecementos e competencias persoais e a participación no mercado laboral europeo.
http://xuventude.xunta.es/leonardo-da-vinci.html
http://www.ingalicia.org/convocatoria-becas-leonardo-da-vinci.html
Becas ERASMUS
O programa Erasmus, ten como obxectivo mellorar a calidade da educación superior e reforzar a súa dimensión europea, fomentando a cooperación transnacional entre as universidades, potenciando a mobilidade europea. Esta bolsa que pode ser solicitada por calquera estudante universitario, incluído o doutorado. A duración da estadía oscila entre os tres meses, tempo mínimo, e os doce.
No tocante ao económico, o estudante recibirá unha axuda económica concedida pola Comisión Europea e a propia universidade que poderá ser compatible con outra que concede a Xunta de Galicia para este tipo de programas de mobilidade. É dicir, ao conseguir a praza Erasmus, o alumno ten asegurada unha bolsa económica e, ademais, pode recibir cartos da Xunta de Galicia, pero esta última non está asegurada. Estas bolsas son compatibles con calquera outra que estea a gozar o universitario, como a MEC.
As solicitudes para a bolsa Erasmus soen entregarse entre novembro e decembro (consulta os prazos na web da túa universidade). Logo, os alumnos deben facer os exames de linguas. Se nos destinos que se inclúen na solicitude se falan diferentes idiomas, o estudante terá que facer varios exames.
http://europa.eu.int/comm/education/index_en.html
http://wwwn.mec.es/educa/ccuniv/erasmus/



