Sobre Proxectando

QUEN SOMOS?

A Asociación Xuvenil Proxectando está formada por un grupo dinámico de mozos e mozas que procura darlle voz á mocidade carballesa para que decida por si mesma. Proxectando organiza actividades de ocio e formación orientadas á mocidade.

 
QUE OBXECTIVOS TEMOS?

1. Fomentar a participación da xuventude local na súa comunidade

2. Coñecer as necesidades desta mocidade local

3. Buscar recursos, desenvolver medidas e/ou proxectos para atender ás necesidades dos mozos e mozas da zona

4. Desenvolver proxectos no ámbito da partipación europea, como intercambios, bolsas no estranxeiro…

5. Realizar actividades (culturais, deportivas, lúdicas, formaticas, etc) de interese para a mocidade

QUE FACEMOS?

En Proxectando buscamos a participación e incidencia na sociedade, por iso todas as nosas actividades están orientadas ás necesidades reais e as inquietudes da nosa mocidade. Deportes, música, ocio, información académica e laboral, proxectos de intercambio europeo…, son tan só algúns ámbitos nos que traballamos desde e para a mocidade.

POR QUE TE PRECISAMOS?

Para que Proxectando poida levar a cabo as súas actividades precisamos de todo o potencial creativo dos mozos e mozas que queiran botar unha man. A única maneira de facerte oír é actuando,  decidindo por ti mesmo.

EN QUE PODES AXUDAR?

Calquera mozo e moza de entre 14 e 30 anos pode formar parte da Asociación Xuvenil Proxectando. Como? Participando nas actividades, propoñendo outras novas, colaborando nos obxectivos propostos, axudando a que sexamos unha asociación dinámica e posta ao día en materia de xuventude, e outras moitas cuestións.

COMO CONTACTARES CON NÓS?

Entre as actividades principais da Asociación Xuvenil Proxectando está a creación e mantemento dunha páxina web que sirva de enlace entre a mocidade e nós. Con esta finalidade nace www.Proxectando.eu, onde podes atopar información actualizada sobre as nosas actividades e información útil sobre o teu día a día. Así mesmo, tes ao teu dispor o enderezo electrónico info@proxectando.eu, onde poderás poñerte en contacto con nós.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>