Arquivado na categoría "Ocio e tempo libre"

‘Proxectando… na trastenda do rock’n'roll’

Proxectando e o XiriaPop únense para levar a cabo un ciclo de dous documentais sobre rock. Así, o venres 14 de setembro ás 22.00 h terá lugar na Dublín a primeira cita coa proxección de ‘Hype! Surviving The Northwest Rock Explosion’, documental que analiza a escena dos inicios do grunge en Seattle, e a picada posterior de Maikel, Dj Rei Misterio e Dj Tin.

O ciclo, que leva por título ‘Proxectando… na trastenda do rock’n'roll’, complétase coa proxección o xoves 20 ás 21.00 h no Pazo da Cultura de ‘A Skin Too Few: The Days Of Nick Drake’, un emocionante e fermoso documental sobre a descoñecida vida de Nick Drake, do director Jeroen Berkvens.

Festa do Bosque 2012

Como sabedes este ano a Asociación Xuvenil Proxectando foi a organizadora da Festa do Bosque. Esperamos que as persoas que acudichedes a esta ineludible cita que pecha o San Xoán carballés vos sentirades agusto e desfrutasedes coa festa e as actividades organizadas. Agradecer tamén a toda a xente que dun ou doutro xeito nos botou unha man e fixo posible que todo saise ben.

  

Para quen queira lembrar ese día novamente, deixámosvos aquí unhas fotos dalgúns dos mellores momentos da festa: http://www.facebook.com/#!/photo.php?fbid=10151879806080004&set=at.10151879759960004.861011.608555003.100003249965567&type=1&theater

‘Proxectando…neorrealismo italiano’

Este verán volve o cineclub, desta volta coa proxección de dúas películas chave do inicio do neorrealismo italiano. As citas serán o venres, día 3 de agosto, coa proxección de ‘Roma, cittá aperta’ ás 21.00 horas e o día 31, á mesma hora, o ’Ladri di biciclette’ . As dúas exhibiranse na Pensión Rama e a entrada será de balde.

 

Continúa o ciclo ‘Proxectando… para mentes inquedas’

 

Continúa o ciclo ‘Proxectando… para mentes inquedas’. As dúas vindeiras proxeccións son o sábado 28 de abril e o venres 11 de maio. Proxectaremos ‘The Devil and Daniel Johnston’ e ‘Joe Strummer: The future is unwritten”, respectivamente. Desta volta a cita será na Pensión Rama. Agardámosvos a tod@s!

 

Cea Proxectando

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O próximo día 20 de febreiro a Asociación Xuvenil Proxectando organiza unha cea-guateque co fin de recaudar diñeiro para as súas actividades anuais. Será na Pensión Rama e estades todos convidados.

O interesados en apuntarse deben facelo antes do día 18 nos teléfonos 609019825, no 669388879 ou ben en https://www.facebook.com/proxectando.asoc.xuvenil

A segunda sesión de ‘Proxectando…para mentes inquedas’ volve a encher o Pazo da Cultura

A segunda sesión de ‘Proxectando… para mentes inquedas’ volveu a encher o salón de actos do Pazo da Cultura, onde os asistentes poideron ver o documental sobre o conflicto que tivo lugar na marisma de Baldaio nos anos 70, ‘Area nos ollos’, así como ‘As Encrobas. A ceao aberto’ a peza de Xosé Bocixa que conta o toda a problematica que houbo na mesma época nesta localidade de Cerdeda pola contrucción da planta térmica.

Además, ao final da sesión, Bocixa comentoulle aos asistentes diversos detalles da gravación do seu documental, así como os motivos que o levaron a facer ‘As Encrobas. A ceo aberto’.

As mobilizacións sociais dos 70 protagonistas en ‘Proxectando… para mentes inquedas’

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O próximo día 4 de xaneiro continúa o ciclo ‘Proxectando… para mentes inquedas’. Esta vez a sesión estará formada por ‘Area nos ollos’, documental sobre o conflicto da marisma de Baldaio, e ‘As Encrobas. A ceo aberto’, que trata sobre a disputa que houbo en Cerceda tras a expropiación dos terreos para a construcción da central térmica.

Ao remate, o director desta última obra, Xosé Bocixa Rei, participará nun faladoiro. A proxección será novamente de balde e no Pazo da Cultura, e conta coa colaboración de La Caixa e o Concello de Carballo.

Unhas 50 persoas asisten á primeira sesión de ‘Proxectando… para mentes inquedas’

Unhas 50 persoas asistiron á primeira sesión de ‘Proxectanto… para mentes inquedas’ que se celebrou o sábado, día 10 de decembro, no Pazo da Cultura de Carballo. A peza proxectada foi o largometraxe ‘Maldito Bastardo’, unha comedia de terror dirixida polo compostelán Javi Camino.

O mércores 4 de xaneiro terá lugar a segunda proxección do ciclo, coa proxección dos documentais ‘Área nos ollos. A loita por Baldaio 30 anos despois’ e  ‘As Encrobas. A ceo aberto’, ao remate do cal está previsto un faladoiro con Xosé Bocixa.

Comeza o ciclo ‘Proxectando… para mentes inquedas’

O sábado, día 10 de decembro, arranca en Carballo o ciclo de cine ‘Proxectando… para mentes inquedas’ coa proxección, ás 20.00 horas, do filme ‘Maldito Bastardo’, dirixido polo compostelano Javi Camino, quen ao final da pelicula responderá ás preguntas dos asistentes.

Este ciclo de cine, organizado pola Asociación Xuvenil Proxectando, ofreceralle á mocidade carballesa unha oportunidade para gozar de creacións audiovisuais do cinema independente, así como pezas destacadas do panorama cinematográfico galego.

Destexeito, ‘Proxectando… para mentes inquedas’ fomentará a escena galega coa proxección de numerosas producións do país, e sempre que sexa posible, tenderase un lazo entre os artistas e o público coa celebración de faladoiros.  A súa periodicidade será mensual, polo que o día 4 de xaneiro terá lugar outra sesión coa proxección do documental ‘As Encrobas. A ceo aberto’, realizada por Xosé Bocixa.

BOOKCROSSING

Para tódol@s amantes da lectura e dos libros temos agora en Carballo varias zonas Bookcrossing.

QUE É?

É un movemento gratuito para fomentar a lectura. Calquera persoa pode rexistrarse na web, coller o libro que queiras na zona bookcrossing que elixas e, unha vez lido, podes “liberalo” en calquera lugar.

Cada libro ten unha “identidade” ou  BCID que o permite seguir, saber ónde está  e qué opinión hai del.

ZONAS DE CRUZE.

En Carballo podes coller e liberar libros no CEIP Bergantiños, en APP Informática e en Proyekta.

En Coruña, no centro comercial Marineda City.

EN QUÉ PODEMOS AXUDAR?

Se tes libros que queiras liberar, podes facelo seguindo as instruccións da web. Senón, pódelos entregar no colexio Bergantiños porque é onde teñen as etiquetas BCID.

Para máis info: http://www.bookcrossing.es/

Etiquetas , , , ,