O próximo día 4 de xaneiro continúa o ciclo ‘Proxectando… para mentes inquedas’. Esta vez a sesión estará formada por ‘Area nos ollos’, documental sobre o conflicto da marisma de Baldaio, e ‘As Encrobas. A ceo aberto’, que trata sobre a disputa que houbo en Cerceda tras a expropiación dos terreos para a construcción da central térmica.
Ao remate, o director desta última obra, Xosé Bocixa Rei, participará nun faladoiro. A proxección será novamente de balde e no Pazo da Cultura, e conta coa colaboración de La Caixa e o Concello de Carballo.

