Comeza o ciclo ‘Proxectando… para mentes inquedas’

O sábado, día 10 de decembro, arranca en Carballo o ciclo de cine ‘Proxectando… para mentes inquedas’ coa proxección, ás 20.00 horas, do filme ‘Maldito Bastardo’, dirixido polo compostelano Javi Camino, quen ao final da pelicula responderá ás preguntas dos asistentes.

Este ciclo de cine, organizado pola Asociación Xuvenil Proxectando, ofreceralle á mocidade carballesa unha oportunidade para gozar de creacións audiovisuais do cinema independente, así como pezas destacadas do panorama cinematográfico galego.

Destexeito, ‘Proxectando… para mentes inquedas’ fomentará a escena galega coa proxección de numerosas producións do país, e sempre que sexa posible, tenderase un lazo entre os artistas e o público coa celebración de faladoiros.  A súa periodicidade será mensual, polo que o día 4 de xaneiro terá lugar outra sesión coa proxección do documental ‘As Encrobas. A ceo aberto’, realizada por Xosé Bocixa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>