Continúa o ciclo ‘Proxectando… para mentes inquedas’

 

Continúa o ciclo ‘Proxectando… para mentes inquedas’. As dúas vindeiras proxeccións son o sábado 28 de abril e o venres 11 de maio. Proxectaremos ‘The Devil and Daniel Johnston’ e ‘Joe Strummer: The future is unwritten», respectivamente. Desta volta a cita será na Pensión Rama. Agardámosvos a tod@s!

 

Cea Proxectando

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O próximo día 20 de febreiro a Asociación Xuvenil Proxectando organiza unha cea-guateque co fin de recaudar diñeiro para as súas actividades anuais. Será na Pensión Rama e estades todos convidados.

O interesados en apuntarse deben facelo antes do día 18 nos teléfonos 609019825, no 669388879 ou ben en https://www.facebook.com/proxectando.asoc.xuvenil

A segunda sesión de ‘Proxectando…para mentes inquedas’ volve a encher o Pazo da Cultura

A segunda sesión de ‘Proxectando… para mentes inquedas’ volveu a encher o salón de actos do Pazo da Cultura, onde os asistentes poideron ver o documental sobre o conflicto que tivo lugar na marisma de Baldaio nos anos 70, ‘Area nos ollos’, así como ‘As Encrobas. A ceao aberto’ a peza de Xosé Bocixa que conta o toda a problematica que houbo na mesma época nesta localidade de Cerdeda pola contrucción da planta térmica.

Además, ao final da sesión, Bocixa comentoulle aos asistentes diversos detalles da gravación do seu documental, así como os motivos que o levaron a facer ‘As Encrobas. A ceo aberto’.

As mobilizacións sociais dos 70 protagonistas en ‘Proxectando… para mentes inquedas’

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O próximo día 4 de xaneiro continúa o ciclo ‘Proxectando… para mentes inquedas’. Esta vez a sesión estará formada por ‘Area nos ollos’, documental sobre o conflicto da marisma de Baldaio, e ‘As Encrobas. A ceo aberto’, que trata sobre a disputa que houbo en Cerceda tras a expropiación dos terreos para a construcción da central térmica.

Ao remate, o director desta última obra, Xosé Bocixa Rei, participará nun faladoiro. A proxección será novamente de balde e no Pazo da Cultura, e conta coa colaboración de La Caixa e o Concello de Carballo.

Unhas 50 persoas asisten á primeira sesión de ‘Proxectando… para mentes inquedas’

Unhas 50 persoas asistiron á primeira sesión de ‘Proxectanto… para mentes inquedas’ que se celebrou o sábado, día 10 de decembro, no Pazo da Cultura de Carballo. A peza proxectada foi o largometraxe ‘Maldito Bastardo’, unha comedia de terror dirixida polo compostelán Javi Camino.

O mércores 4 de xaneiro terá lugar a segunda proxección do ciclo, coa proxección dos documentais ‘Área nos ollos. A loita por Baldaio 30 anos despois’ e  ‘As Encrobas. A ceo aberto’, ao remate do cal está previsto un faladoiro con Xosé Bocixa.

Becas Leonardo da Vinci

O Concello de Carballo abre a convocatoria do programa «Carballo en movemento: fomento da mobilidade no proceso de formación da xuventude local», publicando as bases polas que se rexerá a selección dos beneficiarios e beneficiarias das estadías laborais no estranxeiro que ofrece o proxecto. Estas estadías teñen unha finalidade formativa-profesional, a través da realización de prácticas en empresas de Alemania, Italia, Polonia e Reino Unido, no marco do Programa de acción comunitaria en materia de formación profesional Leonardo da Vinci. As devanditas estadías teñen como fin prioritario conseguir a especialización profesional dos beneficiarios e beneficiarias aumentando as súas posibilidades de inserción/reinserción no mercado de traballo e permitíndolles adquirir novas habilidades e experiencias profesionais.

Poderán concorrer á concesión das axudas do proxecto «Carballo en movemento» os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos (ámbalas dúas incluídas).
b) Estar desempregado e inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego.
c) Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea e estar empadroado no concello de Carballo.
d) Posuír título oficial dunha formación profesional regrada ou titulación universitaria.
e) Non ter sido beneficiario anteriormente dunha axuda do Programa Leonardo da Vinci.

O número de estadías previstas é o seguinte:
- 6 estadías para prácticas profesionais en Reino Unido
- 6 estadías para prácticas profesionais en Alemania
- 6 estadías para prácticas profesionais en Polonia
- 6 estadías para prácticas profesionais en Italia

A duración da estadia no país de acollida será de 12 semanas e o seu inicio está previsto a partir de marzo de 2012. Estas estadías realizaranse en 2 fluxos: o primeiro, de marzo a maio de 2012 e o segundo de setembro a decembro de 2012.

O prazo de presentación de solicitudes será até o 7 de xaneiro de 2012, inclusive.

Consulta as bases na páxina web do Concello de Carballo (www.carballo.org).

Comeza o ciclo ‘Proxectando… para mentes inquedas’

O sábado, día 10 de decembro, arranca en Carballo o ciclo de cine ‘Proxectando… para mentes inquedas’ coa proxección, ás 20.00 horas, do filme ‘Maldito Bastardo’, dirixido polo compostelano Javi Camino, quen ao final da pelicula responderá ás preguntas dos asistentes.

Este ciclo de cine, organizado pola Asociación Xuvenil Proxectando, ofreceralle á mocidade carballesa unha oportunidade para gozar de creacións audiovisuais do cinema independente, así como pezas destacadas do panorama cinematográfico galego.

Destexeito, ‘Proxectando… para mentes inquedas’ fomentará a escena galega coa proxección de numerosas producións do país, e sempre que sexa posible, tenderase un lazo entre os artistas e o público coa celebración de faladoiros.  A súa periodicidade será mensual, polo que o día 4 de xaneiro terá lugar outra sesión coa proxección do documental ‘As Encrobas. A ceo aberto’, realizada por Xosé Bocixa.

Proxectando participa no proxecto europeo “Youth people between new lifestyles and need of guidance”

Cinco carballesas integrantes da Asociación Xuvenil Proxectando estiveron do 3 ao 12 de xullo na cidade italiana de Turín xunto a xoves doutros catro países (Finlandia, Italia, Polonia e Eslovaquia), dentro do proxecto “Youth people between new lifestyles and need of guidance: environmental protection, sustainable development and resources’ exploitation”.

O obxectivo deste proxecto de intercambio enmarcado dentro do programa europeo ‘Xuventude en Acción’ era reflexionar e poñer en común diferentes puntos de vista e coñecementos sobre o impacto dos comportamentos individuais e dos estilos de vida no medio ambiente. Para iso os participantes desenvolveron entre outras actividades campañas sociais de sensibilización.